Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

  A ABE PARTICIPA NA QUEDADA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE XESTORES CULTURAIS

 

Este xoves 9 tivo lugar a segunda quedada organizada pola Asociación Galega de Xestores culturias na que visitaron diferentes localizacións da comarca para ver de primeira man os proxectos culturais que aqui se organizan.
 
Visitaron o Museo das Artes do Gravado de Riveira da man de Pastor Rodríguez, o seu director. Fondos abraiantes para un museo de referencia no seu ámbito en Europa e que conta cunha colección espléndida. Como despedida do museo, a biblioteca, un espazo fundamental para a arte do gravado.
 
A segunda parada foi en Boiro con visita ao Pazo de Goiáns e presentación de proxectos; na mesa redonda participaron, Susana Diz que falou de Olloboi (festival de cine escolar referente en Galicia), Eva Triñanes de Mar de Cabo e o xerente da ABE, Tomás Estévez  que explicou como xurdiu o Pecha Kucha Boiro e a relación que teñen as empresas boirenses coa cultura. Deu a benvida a concelleira María Outeiral, que participou da visita e da conversa.
 
Despois de xantar, última visita en Noia. ao coliseo Noela para coñecer as "tripas" da Mostra Curtas Noia co seu director e técnico Juan Ramón Vidal.